Correo Apícola Inverno 2008
Enviado por paula o Luns, 1 de Decembro do 2008 (19:24:49)
Contribución de paula
APICULTURA MULTIFUNCIONAL
Desde AGA levamos algúns anos promovendo e divulgando unha nova apicultura que serviu para concienciar os abelleiros e as abelleiras da necesidade de desenvolvermos unha actividade máis ligada co noso medio natural.
Agora entramos nunha nova fase que ben se podería denominar «apicultura multifuncional», na que se contemplan as abellas na súa dimensión ecolóxica e económico-social; para isto é necesario a participación de todos: a Asociación Galega de Apicultura-AGA, as delegacións de AGA (DAGAs), Erica Mel e demais cooperativas asociadas, os centros de divulgación apícola (casas do mel e das abellas), as rutas das abellas e do mel (posta en valor da apicultura tradicional-apiturismo) e as feiras do mel, para conformar unha rede social da apicultura galega. A apicultura multifuncional será o tema do 2.º Foro da Apicultura Galega que se realizará no ano 2010 con motivo do trinta aniversario de AGA.
APINOTICIAS
DÍA DO APICULTOR Esta actividade tradicional celebrarase un ano máis o 7 de febreiro de 2009, en Arzúa. Estamos traballando no programa e enviarémovolo así que sexa definitivo. Ese día tamén teremos a asemblea xeral de AGA e os asociados poderán mercar materiais subvencionados polo Plan Apícola.
PLAN APÍCOLA 2009 De acordo coa lexislación vixente, desde o 1 de xaneiro deica o 1 de marzo, as persoas que teñan as abellas rexistradas deberán pasar pola oficina agraria co Caderno de apicultor para actualizar o rexistro, ao mesmo tempo xa poden facer fotocopias das páxinas 1, 4 e 9 e compulsalas para poder envialas á sede de AGA ou entregalas o Día do Apicultor. Isto dá dereito á compra de material subvencionado polo Plan Apícola do ano 2009.
VIAXE APÍCOLA A MONTPELLIER-FRANCIA Con motivo do 41 Congreso Internacional de Apicultura, APIMONDIA 2009, que se celebrará en Montpellier do 15 ao 20 de setembro de 2009, AGA vai organizar unha viaxe apícola, para asistir algún día ao congreso e de paso tamén organizaremos no sur de Francia algunha outra visita. Os socios e as socias interesadas deben facer unha inscrición previa. O prazo para esta preinscrición será ata o Día do Apicultor, 7 de febreiro. Máis adiante xa se informará do programa e prezo para que as persoas interesadas se incriban definitivamente.
MEL EN ENVASE ANTIGOTEO Temos á disposición dos asociados e asociadas que o desexen envases antigoteo, e tamén ofrecemos a etiquetaxe personalizada coa marca «Mel das miñas colmeas» para este envase igual que para o de vidro.
SEGUROS APÍCOLAS AGA ten subscritas dúas polizas de seguros, unha só de responsabilidade civil e outra de roubo, incendio, vandalismo e responsabilidade civil (multirrisco). Para inscribirse nestes seguros hai de prazo todo o mes de xaneiro ata o día 7 de febreiro en Arzúa, e tamén poden facelo chamando ao tel. 981 508 142 de AGA, de 10-14 h e de 16-18 horas.
DESAPARICIÓN DAS ABELLAS Despois da prohibición que fixo o Goberno francés, ano 2004, de certas sementes tratadas con praguicidas sistémicos, este ano de 2008, Alemaña, Italia e Eslovenia tamén fixeron o mesmo. Aquí a cousa é máis complicada xa que o sector apícola profesional do Estado español o único que pide son subvencións para paliar esta catástrofe, e as nosas administracións encantadas de non teren que comprometerse. Xa saben a postura de AGA, que defende unha apicultura baseada nas abellas e non nas subvencións, que sería pan para hoxe e fame para mañá. Estamos pola defensa das abellas da saúde e do ambiente; por iso pedimos a retirada do mercado destes praguicidas tan tóxicos.
PANAL DE ANUNCIOS
VENDO 15 colmeas con abellas. Manuel Amigo, tel.: 982 161 586 ou 646 782 993
VENDO colmeas con abellas. Antonio Silverio, tel,: 982 580 316
VENDO colmeas con abellas. Bernardino Salgado, tel: 988 406 355 ou 680 136 960
VENDO colmeas con abellas. Julio Janeiro, tel.: 988 284 049 ou 608 989 906
VENDO abellas do país. Manuel Rey, tel.: 981 518 663
VENDO abellas do país. José Rodríguez Abeledo, tel.: 986 784 500
VENDO abellas do país. Benito de Crecente, tel.: 667 647 805
VENDO, abellas do país. Francisco López Devesa, tel.: 982 370 552 ou 982 370 231
VENDO abellas do país.Alberto Juan Posada, tel.: 685 900 486
VENDO pole. Paco García González, tel.: 689 557 057
VENDO pole. Benigno Basteiro, tel.: 988 304 587 ou 669 384 533
COMPRO extractor eléctrico, tanxencial. Manuel Abella, tel.: 982 157 515
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 5 votos: 1

|
|
|
 |
|