Benvido a http://apiculturagalega.org
Buscar


MENÚ
 Inicio(Noticias) :
 Inicio
 Calendario
 Enviar Noticia
 Arquivo histórico
 Búsqueda
 Temas
 Membros :
 Lista de Membros
 Conta Persoal
 Mensaxes Privadas
 Comunidade :
 Foros
 Comentarios
 Recoméndanos

 
 
 Galería Multimedia
 Estadísticas :
 Top 10
 Enquisas
 Estadísticas
 Monitor de Visitas

CORREO APÍCOLA
ilahi ilgilerim

CONTACTO E NOVOS SOCIOS
Contacta con nós
Faite socio

 
Apicultura Galega DÍA DO APICULTOR 2009
Enviado por paula o Xoves, 29 de Xaneiro do 2009 (17:20:02)
Contribución de paula

DÍA DO APICULTOR 2009

Centro do Queixo e do Mel - Arzúa
Sábado, 7 de febreiro de 2009

Organiza: AGA, Asociación Galega de Apicultura


Un ano máis, imos celebrar o Día do Apicultor en Arzúa, convidámolos a todos e todas a participar, xa que imos tratar temas de importancia para todos os apicultores e apicultoras.

O Decreto de explotacións apícolas regula as novas distancias ás que se poderán situar as colmeas de autocunsumo, menos de 15 colmeas, e tamén establece as distancias de apiarios transhumantes e os tratamentos contra a varroa. Ofrécenos a posibilidade de presentar un programa alternativo co obxecto de que non sexa obrigatorio dar tratamento contra a varroa como ata agora.

Así mesmo, tamén falaremos da apicultura tradicional de Galicia, que tivo tanto interese en tempos pasados e que pensamos que é un valor a maiores que temos, que interesa recuperar e que encaixa moi ben dentro do noso programa de venda do mel nas propias comarcas de produción, mediante as rutas das abellas e do mel.

A nivel mundial existen grupos e asociacións que levan anos practicando a apicultura sen necesidade de realizar tratamentos contra as enfermidades, cousa que resulta moi interesante tanto para o abelleiro coma para o consumidor de mel que quere un produto san e libre de residuos, desde Bioapi van explicarnos como o fan.

AGA presentou na Consellería do Medio Rural un programa alternativo de loita contra a varroa, co obxecto de obter abellas tolerantes, resistentes á varroa e outras doenzas. Neste programa que imos dar a coñecer o Día do Apicultor poden participar todos os socios de AGA que estean interesados en ter abellas sen necesidade de tratamentos.
Por todo isto convidámolos a asistir e participar no “Día do Apicultor” o día 7 de febreiro en Arzúa.

Programa:

Ás 11 horas : Mesa redonda sobre:
– Decreto de Ordenación de Explotacións Apícolas de Galicia, por Julio Cañás, da Consellería do Medio Rural.
– Resumo de 20 anos con abellas sen tratamento ningún contra as enfermidades en distintas partes do mundo, por Stephan Braun, de Bioapi, Asociación de Apicultores Ecológicos de Abeja Negra.
– A apicultura tradicional en Galicia, por Ernesto Díaz, encargado do estudo e da catalogación destas construcións.
– Programa alternativo de loita contra a varroa, por Gonzalo Calvo e Marcos Varela, do Equipo Técnico Sanitario (ETS) de AGA

Ás 13 horas : Asamblea xeral de AGA.

Ás 14 horas : xantar.

Durante todo o día haberá feira de material apícola e novidades.
Os que solicitaron materiais: cera, fondos e cadros xa poden retiralos ese día.

Convocatoria de Asemblea xeral de AGA

Día 7 de febreiro de 2009
Lugar: Centro do Queixo e do Mel, Arzúa
Hora: 13 horas

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, de proceder, da acta anterior.
2.- Resumo de actividades realizadas durante o ano 2008.
3.- Balance económico.
4.-Programa de AGA para o ano 2009.
5.- Orzamento económico.
6.- Rogos e preguntas.


 
Enlaces relacionados
· Máis acerca de Apicultura Galega
· Noticias de paula


Noticia máis lída sobre Apicultura Galega:
Gel de Timol : prometedora opción contra varroa


Votos do Artigo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor, tómese un segundo e vote por este artigo:

Excelente
Moi Bo
Bo
Regular
Malo


Opcións

 Versión para imprimir Versión para imprimir


ilahi

ilahi




PHP-Nuke Copyright © 2005 by Francisco Burzi. This is free software, and you may redistribute it under the GPL. PHP-Nuke comes with absolutely no warranty, for details, see the license.
Páxina Xerada en: 0.04 Segundos