Correo Apícola Primavera 2009
Enviado por paula o Mércores, 6 de Maio do 2009 (14:32:24)
Contribución de paula
24.ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA
VIAXE A APIMONDIA, ASAMBLEA DE ERICA MEL, MATERIAL SUBVENCIONADO, ESCASEZA DE MEL
24.ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA
Lugar: Centro do Queixo e do Mel. Arzúa
Día 6 de xuño 2009 Convite de AGA
O día 6 de xuño (primeiro sábado do mes) teremos a 24ª Mostra Galega de Apicultura en Arzúa, na que trataremos os temas máis preocupantes da actualidade apícola, a desaparición das abellas e a sanidade apícola.
En moitos lugares de Galicia houbo unha desaparición, á saída do inverno, entre o 30 e o 50 %, ou máis, das colmeas dos apiarios. Noutros lados houbo focos de podremia (loque) moi insidiosos, os cales tamén fixeron desaparecer moitas colmeas.
Como contrapunto, estamos a asistir a unha primavera cunha boa floración de eucalipto, con colmeas moi cargadas de mel, e temos a esperanza de que sexa boa a colleita.
Teremos materiais e utensilios subvencionados polo Plan Apícola, así como tamén teremos feira de materiais e produtos das abellas.
Por todo isto condidámosvos a vir a Arzúa o sábado día 6 de xuño e participar nestas actividades e no xantar de confraternidade.
Programa:
Ás 11 horas. Mesa redonda: Despoboamento das colmeas
Pesticidas e despoboamento de colmeas
Xosé Manuel Durán, secretario de Erica Mel. Despoboamento das colmeas en Italia.
Andrea Terreni, vicepresidente de UNAAPI e presidente da Cooperativa Apitoscana. Utilización de fitosanitarios compatibles coas abellas. Sabino Muíño, técnico de SEDAGALICIA
Sanidade apícola
Técnicas de manexo para o mantemento da saúde das abellas. Xesús Asorey, secretario-técnico de AGA
Principais doenzas das abellas e o seu control. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA
Programa de abellas resistentes a varroa. Marcos Varela Lorenzo
Feira de material apícola e produtos das abellas. Podedes traer a cera para reciclar.
Ás 14 horas: Xantar de irmandade. Con empanada, polbo, carne ao caldeiro, queixo de Arzúa con mel, viño Mencía e café. Total: 20 € por persoa.
Para participar no xantar é preciso inscribirse antes do día 1 de xuño, chamando ao teléfono: 981 508 142, ou enviando un e-mail: aga@queixoemel.org
ESCASEZA DE MEL
Dado que na Cooperativa Erica xa non queda moito mel, os socios deben axustar as súas vendas ao mínimo. Os que teñen as súas colmeas en zonas do eucalipto que procuren facer a esmelga dos panais que estean operculados.
Sería interesante que vaiades informando de como vai indo a produción para planificar a comercialización do ano que vén.
MATERIAL SUBVENCIONADO POLO PLAN APÍCOLA
Temos materiais subvencionados polo Plan Apícola, tanto en Arzúa (na nave de Erica) coma en Ourense (en Apícola Carballal). Polo tanto os asociados podedes acudir a calquera destes lugares durante a semana e os sábados pola mañá.
VIAXE A APIMONDIA
A viaxe organizada para acudir a Apimondia en colaboración con Vida Apícola para ir a Montpellier-Francia parece que sae un pouco cara. E daquela fixemos outro programa alternativo, con só cinco días de duración, do 17 ó 21 de setembro, que tería un custo de 750 €, sen contar as comidas.
Polo tanto se hai interesados nesta viaxe que o comuniquen á sede de AGA antes do 20 de maio para proceder a facer as reservas, e coa reserva hai que efectuar o pagamento de 400 € do custo da viaxe. Cando chamen xa se lles informará da forma de facer o pagamento. Estas condicións son para un grupo mínimo de 18 persoas.
ASEMBLEA DE ERICA MEL
Por determinadas circunstancias é preciso convocar a Asemblea de Erica Mel un día no que teñamos máis tempo do habitual, polo tanto xa se fará a convocatoria para outro día, que seguramente será para o día 27 de xuño de 2009.
ATENCIÓN AOS SOCIOS
No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa.
Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario De 11 a 18 horas os sábados Enderezo: Feira Nova s/n. 15819 Santa María - Arzúa. A Coruña. Tel.: 981 508 142 e 630 069 637.
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|