2º FORO APÍCOLA
Enviado por paula o Mércores, 5 de Maio do 2010 (16:50:42)
Contribución de paula
2º FORO APÍCOLA 5 e 6 de xuño de 2010
Centro do Queixo e do Mel - Arzúa
Organizado por AGA Asociación Galega de Apicultura e máis a cooperativa Erica Mel.
Os días 5 e 6 de xuño celebramos o 30 aniversario de AGA e o 20 de Erica Mel, polo que desde as directivas de AGA e máis Erica Mel convidámolos a participar activamente nas actividades programadas. Teremos xornadas técnicas que van ser moi interesantes para desenvolver a nosa apicultura multifuncional nos vindeiros anos, serán temas prácticos que van desde a posta en valor da nosa apicultura pasando polo tema de control da varroa, servizo de analíse do mel e comercialización dos produtos apícolas polos abelleiros coa marca “das miñas colmeas”...
Paralelamente tamén teremos outra serie de actividades prácticas en forma de obradoiros tales coma elaboración de velas de cera ou meleiras de cerámica da nosa apicultura tradiconal ata cortizos co cobertizo de palla e algúns usos do mel na cociña.
Tamén haberá feira de material apícola onde poderán adquirir os materiais subvencionados polo plan apícola e outros, poderán traer cera para reciclar etc.
Expoñeremos por primeira vez tanto publicacións apícolas chegadas a AGA durante 30 anos, coma as publicacións, carteis e debuxos utilizados nas nosas publicacións.
Os productos apícolas tamén estarán presentes con varias novidades elaboradas por Erica Mel e presentaremos por primeira vez o novo etiquetado “das miñas colmeas”.
O día 6 encerraremos todalas actividades cun xantar-festa, nunha carpa a carón do embalse de Portodemouros e do Enredo do Abelleiro-Museo Vivente do Mel, a 12 quilómetros de Arzúa, ao que non pode faltar ninguén.
O Enredo do Abelleiro, ten a xentileza de facer unha xornada de portas abertas para que os participantes poidan visitar estas magníficas instalacións apícolas gratuítamente.
Despois do xantar entregaremos as distincións, aos socios e socias de AGA, personalizado nalgún asociado por “toda unha vida apícola” e tamén se fará entrega do premio do concurso de meles e outras distincións.
A música correrá a cargo do grupo de música tradicional “ Penas de Rodas” de Outeiro de Rei, Lugo, entre os que atoparemos socios/as de AGA.
Para poder participar no xantar do día 6 hai que apuntarse antes do día 28 de maio, chamando por teléfono ao 981 508 142, en horario de oficina, os días 5 e 6 poderán pagar e recoller o tique que dá dereito ao xantar, na ventaniña administrativa de AGA durante o Foro. Pregámoslle encarecidamente que fagan este trámite do contrario causaránnos moitos problemas e non poderán xantar no lugar proposto.
XANTAR EN PORTODEMOUROS (Enredo do Abelleiro)
- Polbo
- Carne ó caldeiro
- Viño de Valdeorras
- Sobremesa: queixo con mel e filloas.
Prezo: 20 € por persoa.
Para máis información: Tel 981 508 142.
2º FORO APÍCOLA 5 e 6 de xuño de 2010 - Arzúa
Apicultura multifuncional PRESENTACIÓN Cada cinco anos, coincidindo cos aniversarios de AGA e máis Erica Mel, organizamos o foro apícola co obxetivo de elaborar a folla de ruta para o vindeiro quinquenio. Co fin de promover unha apicultura sostible dentro dunha actividade multifuncional por medio de apicultores pluriactivos, ligando o futuro da abella ao futuro do medio ambiente, basados na organización, formación e innovación do sector apícola, organizamos neste ano 2010 o 2º Foro.
PROGRAMA:
Xornadas técnicas Día 5 de xuño
Ás 10 horas:
–Evolución da apicultura galega nos últimos 10 anos. Abel Yañez. Investigador apícola
- A apicultura tradicional no Noroeste da Península Ibérica. Ernesto Diaz. Técnico de LA JURBIAL Servicios Ambientales:
Ás 12 horas:
-Programa de abellas tolerantes a varroa. Marcos Varela e Gonzalo Calvo. ETS de AGA
-Tratamentos contra a varroa, campaña 2010. Pablo Fernández Rivera. Servizos de Dotación de Medios da Consellería do Medio Rural
Ás 16 horas:
-Centros de visitantes e rutas do mel. Xesús Asorey. Casa das abellas
-Analise laboratorial do mel. Noelia Gabeiras. Casa do Mel
Ás 17 horas:
O mel na cociña. Elaboración de tres platos e degustación polos asistentes. Ensalada verde con mel de prado. Chutmey de Verduras con mel de Brezo ou Castiñeiro. Plátanos flambeados con mel milflores. Antonio Gomez Pajuelo. Consultor apícola, Castellón.
Día 6 de xuño
Ás 10 horas:
Mesa redonda:
-Comercialización dos produtos apícolas polos apicultores
-Control de calidade e trazabilidade
-Envasado, etiquetado, facturación.Prezos
-Venta directa, feiras, comercio minorísta. Prezos
Miguel Mendez. IXP-AGA. Xosé Manuel Docampo IXP-Ericamel. Gonzalo Calvo ETS-AGA Ás 12 horas:
Asemblea xeral de Erica Mel Ás 14 horas: Xantar en Portodemouros. Enredo do abelleiro
ACTIVIDADES PARALELAS
1.- Expo. AGA: 30 anos facendo camiño: Escolma de publicacións recibidas na sede de AGA durante os 30 anos de historia+ materiais editados por AGA (revistas, folletos, carteis, deseños...) 2.- Obradoiros: cerámica. Elaboración de meleiras de Gundivós. Tomás Lopez Elaboración de velas. Julio Lopez e Jesús Pico. Elaboración de cortizos tradicionais do Xurés. Celso Couso
3.- Expo-Tenda: Produtos da colmea. Meleiras de cerámica 4.- Feira de material apícola. 5.- Apicultores distinguidos, por toda unha vida apícola. 6.- Concurso de mel. Entrega de premios. 7.- Portas abertas no Enredo do Abelleiro. Día 6 de xuño. 8.- Xantar nunha carpa a carón do encoro de Portodemouros. 9.- Música, a cargo do grupo “Penas de Rodas”, entrega de distincións.
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|