Correo Apícola Maio 2010
Enviado por paula o Venres, 21 de Maio do 2010 (11:53:31)
Contribución de paula
II FORO APÍCOLA 5 e 6 de xuño de 2010. Centro do Queixo e do Mel. ArzúaOrganizan: AGA, Asociacion Galega de Apicultura e a cooperativa Erica Mel
CONVITE
Os días 5 e 6 de xuño celebramos o 30 aniversario de AGA e o 20 de Erica Mel, polo que desde as directivas de AGA e mais Ericamel convidámolos a participar activamente nas actividades programadas
Teremos xornadas técnicas que van ser moi interesantes para desenvolver a nosa apicultura multifuncional nos vindeiros anos. Serán temas prácticos que van desde a posta en valor da nosa apicultura ata o tema de control da varroa, pasando polo servizo de analíse do mel e a comercialización dos produtos apícolas polos abelleiros coa marca «Das miñas colmeas». Paralelamente, tamén teremos outra serie de actividades prácticas en forma de obradoiros, tales como elaboración de candeas de cera ou meleiras de cerámica da nosa apicultura tradiconal, ata cortizos co cobertizo de palla e algúns usos do mel na cociña. Tamén haberá feira de material apícola, onde poderán adquirir os materiais subvencionados polo Plan apícola e outros, poderán así mesmo traer cera para reciclar, etc. Expoñeremos por primeira vez tanto publicacións apícolas chegadas a AGA durante trinta anos coma as publicacións, carteis e debuxos utilizados nas nosas publicacións. Os produtos apícolas tamén estarán presentes con varias novidades elaboradas por Ericamel, e presentaremos por primeira vez o novo etiquetado “Das miñas colmeas”. O día 6 pecharemos todas as actividades cun xantar-festa nunha carpa a carón do encoro de Portodemouros e do Enredo do Abelleiro-
| Museo Vivente do Mel, a 12 quilómetros de
Arzúa, ao que non pode faltar ninguén.
O Enredo do Abelleiro ten a xentileza de facer unha xornada de portas abertas para que os participantes poidan visitar estas magníficas instalacións apícolas gratuitamente. Despois do xantar entregaremos as distincións aos socios e socias de AGA, personalizado nalgún asociado «por toda unha vida apícola» e tamén se fará entrega do premio do concurso de meles e mais outras distincións. A música correrá a cargo do grupo de música tradicional ‘Penas de Roda’, de Outeiro de Rei, Lugo, entre os que atoparemos socios e socias de AGA. Para poder participar no xantar do día 6 hai que apuntarse antes do día 28 de maio, chamando por teléfono ao 981 508 142, en horario de oficina. Os días 5 e 6 poderán pagar e recoller o tícket que dá dereito ao xantar na ventaniña administrativa de AGA durante o Foro. Rogámoslles encarecidamente que fagan este trámite, pois do contrario causarannos moitos problemas e non poderán xantar no lugar proposto. Xantar en portodemouros (O Enredo do Abelleiro): polbo, carne ó caldeiro, viño de Valdeorras e de sobremesa: queixo con mel e filloas. Prezo: 20 Euros por persoa.
|
5 e 6 de xuño de 2010. Arzúa. Centro do Queixo e do Mel Para máis información, teléfono 981 508 142 e-mail: aga@queixoemel.org
II FORO APÍCOLA: APICULTURA MULTIFUNCIONAL
Cada cinco anos, coincidindo cos aniversarios de AGA e mais Ericamel, organizamos o Foro apícola co obxetivo de elaborar a folla de ruta para o vindeiro quinquenio. Co fin de promover unha apicultura sustentable dentro dunha actividade multifuncional por medio de apicultores pluriactivos, ligando o futuro da abella ao futuro do ambiente, baseados na organización, formación e innovación do sector apícola, organizamos neste ano 2010 o 2º Foro.
PROGRAMA DAS XORNADAS TÉCNICAS
Día 5 de xuño
Ás 10 h. Evolución da apicultura galega nos últimos dez anos por Abel Yáñez, investigador apícola. - A apicultura tradicional no noroeste da Península Ibérica por Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial Servicios Ambientales.
Ás 12 h. Programa de abellas tolerantes á varroa por Marcos Varela e Gonzalo Calvo, ETS de AGA. - Tratamentos contra a varroa, campaña 2010 por Pablo Fernández Rivera, Servizos de Dotación de Medios da Consellería do Medio Rural.
Ás 16 h. Centros de visitantes e rutas do mel por Xesús Asorey, Casa das Abellas. . Análise laboratorial do mel por Noelia Gabeiras, Casa do Mel.
| Ás 17 h. O mel na cociña Elaboración de tres platos e degustación polos asistentes: Ensalada verde con mel de prado; chutmey de verduras con mel de brezo ou castiñeiro; plátanos flambeados con mel milflores, por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola de Castellón.
Día 6 de xuño
Ás 10 h. Mesa redonda . Comercialización dos produtos apícolas polos apicultores. . Control de calidade e trazabilidade. . Envasado, etiquetado, facturación. Prezos. . Venda directa, feiras, comercio minorísta. Prezos. Por Miguel Méndez, IXP-AGA; Xosé Manuel Docampo, IXP-Ericamel, e Gonzalo Calvo, ETS-AGA; Santiago Gonzalez, Comunidade de Montes de Mouriscade-Mondariz.
Ás 12 h. Asemblea xeral de Erica Mel
Ás 14 h. Xantar en Portodemouros, O Enredo do abelleiro .
|
ACTIVIDADES PARALELAS
Expo AGA, 30 anos facendo camiño: Escolma de publicacións recibidas na sede de AGA durante os trinta anos de historia e materiais editados por AGA (revistas, folletos, carteis, deseños...)
Obradoiros: Cerámica, elaboración de meleiras de Gundivós, por Tomás López. Elaboración de candeas, por Julio López e Jesús Pico Elaboración de cortizos tradicionais do Xurés, por Celso Couso
Expo-tenda: produtos da colmea. Meleiras de cerámica Feira de material apícola Apicultores distinguidos, por toda unha vida apícola Concurso de mel Entrega de premios Portas abertas no Enredo do Abelleiro
Día 6 de xuño Xantar nunha carpa a carón do encoro de Portodemouros. Música, a cargo do grupo ‘Penas de Rodas’. Entrega de distincións
APINOTICIA
A Consellería do Medio Rural vai enviarlles unha carta sobre a subvención dos tratamentos para a varroa deste ano 2010 Os productos e os prezos aos que os terá que pagar o apicultor despois da subvención do 50% serán:
- O CHECH-MITE en envase para 5 colmeas custará........16,05 Euros - O APIGUARD en envase para 5 colmeas custar............15,14 Euros - O THYMOVAR en envase para 5 colmeas custará........15,14 Euros
Os que queiran tratar co APISTAN que se viña usando poden solicitalo a AGA. APISTAN en sobres para 5 colmeas proporcionado por AGA...........14,00 Euros
Poden pedilo mediante chamada telefónica a AGA, se o piden antes do 28 de maio xa poden retiralo en Arzúa os días 5 e 6 de xuño, para esto deberán traer o libro de explotacións apícolas para a receita.
Logo podeno pedir ata o día 1 de xullo e xa se lle avisará como retiralo e receitalo por medio dos servizos veterinarios de AGA.
Os que queiran algún dos produtos propostos pola Consellería que fagan os trámites que lles indican na carta, que é como en anos anteriores previo pago do custe. O veterinario de AGA tamén facilitaráas receitas, por medio das delegacións, aos que soliciten estes produtos.
ATENCIÓN AOS SOCIOS No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario Tel.: 981 508 142 e 630 069 637 e-mail: aga@queixoemel.org aga@corevia.com Web: www.apiculturagalega.org
|
|
| |
 |
Votos do Artigo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|